Publicador de contidos

Publicador de contidos

Epifanio: "Manresa é un equipo difícil de arbitrar, que destrúe mentalmente"

Epifanio: "Manresa é un equipo difícil de arbitrar, que destrúe mentalmente"

O técnico do Leyma está feliz e aliviado coa decisión de Heurtel de quedar na Coruña

G24.gal 07/03/2025 12:26 Última actualización 07/03/2025 12:48

Diego Epifanio falou na conferencia de prensa previa ao duelo deste domingo (12:30 horas, Nou Congost) contra o Manresa, da enorme dificultade que entraña meter man ao equipo adestrado polo ourensán Diego Ocampo.

Na súa cancha só gañaron dous dos dez visitantes no que vai de tempada, o Andorra e o Baskonia. E caeron, entre o outros, o Unicaja e o Barça.

"É un equipo que te leva ao límite, por iso temos que facer case máis traballo mental que físico. É un equipo difícil de arbitrar, porque está a atacar sempre ao 'baller' e os xogadores que van ao bloqueo. É un equipo que destrúe mentalmente.

Valorou tamén a última incorporación, a do letón Karlis Silins:

"Acaba de chegar e está a poñer moito do seu parte para entender o que o equipo necesita del. E nós estamos a ver onde podemos colocarlle, onde pode sacar vantaxes. Veu con moitas ganas".

Epifanio está feliz e aliviado coa decisión de Heurtel de quedar na Coruña.

"Perfecto. É un xogador que nos está axudando moito, e se agora saíse do equipo faríanos dano. Todo o mundo está moi contento de que siga connosco".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade