Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma apura as súas opcións de permanencia sen Heurtel e Thompkins

O Leyma apura as súas opcións de permanencia sen Heurtel e Thompkins

Epifanio: “Tenerife é o equipo que mellor xoga da liga” 

G24.gal 24/04/2025 11:40 Última actualización 24/04/2025 11:53

Diego Epifanio, adestrador do Básquet Coruña, cre que o Lenovo Tenerife, ao que visitan este sábado no pavillón Santiago Martín, é o equipo que “mellor xoga” da liga Endesa.

“É un equipo que ten unha base sólida desde hai moitos anos, todos os xogadores saben o que teñen que facer. Son o equipo que mellor porcentaxes de tiro ten da competición, é o equipo que menos posesións gasta pero á vez é o equipo que máis rendemento saca ás súas posesións”, analizou.

O técnico burgalés eloxiou o traballo que está a realizar Txus Vidorreta no conxunto tinerfeño.

“Creo que é o equipo que mellor xoga da liga. É un equipo moi coral, moi bonito de ver. É un equipo moi ben traballado, que ten moi boas situacións técnico-tácticas preparadas”, destacou Epifanio.

Epifanio non escondeu a súa preocupación pola perda dun xogador, Thompkins, que estaba a ser “clave” para o equipo:

“É un xogador que ía a máis desde o inicio da tempada, agora estaba nun grande estado de forma. Ademais, a nivel de grupo era moi importante polo que nos transmitía e polo que é capaz de axudar o grupo nos partidos”, manifestou.

O técnico laranxa tamén valorou a baixa do base francés Thomas Heurtel, que non volverá xogar esta tempada despois de que se confirmara que ten que pasar polo quirófano para liquidar os seus problemas de xeonllo.

"As probas médicas ditaminaron que non pode seguir o ritmo da competición. Thomas é un xogador con moita calidade e xa o demostrou. Chegou para axudarnos nun momento no que non estabamos moi ben, no que necesitabamos vitorias, pero tristemente xa non nos vai poder axudar”, explicou.

Para Epifanio, o veterano Marcelinho Huertas é “o eixe” sobre o que se move todo o Tenerife:

“O seu rendemento está a ser extraordinario. A parella Huertas-Shermadini é unha das mellores parellas da liga ao estilo John Stockton e Karl Malone –lendaria parella dos Utah Jazz na NBA-“, manifestou o adestrador do Coruña, que non pasou por alto o rendemento do internacional alemán David Kramer.

“Converteuse un pouco no que marca a diferenza. Cando os equipos están preparados para defender esas situacións de 'pick and roll' que xogan moito, Kramer dálles unha solución para xerar vantaxes sendo o foco de atención. Ademais, vén nun momento de forma moi bo”, comentou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade