Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio non agocha a ilusión do celtismo: "Imos loitar por Europa"

Claudio non agocha a ilusión do celtismo: "Imos loitar por Europa"

Borja Iglesias gabou o seu adestrador dicindo que Giráldez era o mellor técnico da súa carreira

G24.gal 23/04/2025 21:35

Unha vez asegurada a permanencia en Primeira División Claudio falou por primeira vez do obxectivo de entrar en Europa para a vindeira temporada. O adestrador vigués non se escondeu e dixo que o seu equipo ía "buscar a matrícula de honra" unha vez acadado o sobresaínte na temporada. Mesmo se atreveu a ironizar coa idea de xogar a Champions "que dá máis diñeiro que a Europa League e a Conference". 

O único certo é que o porriñés ten no peto a todos os xogadores do equipo. Borja Iglesias comentou ao final do encontro que Claudio era o mellor adestrador da súa carreira. O técnico quixo agradecer as palabras e asegurou que "o sitio de Borja é este" deixando moi clara a intención do club de prolongar o contrato para a vindeira temporada cun Panda que marcou diante do Vilarreal o seu noveno gol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos