Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma perde a Thompkins na desesperada procura da salvación

O Leyma perde a Thompkins na desesperada procura da salvación

O aleiro, terceiro máximo anotador do equipo, sufriu unha escordadura de xeonllo que afastará un mes das pistas

Ao cadro coruñés quédanlle sete partidos para enxugar as catro vitorias que debe recuperar cos seus rivais directos

G24.gal 21/04/2025 20:03

Malas novas no Leyma Coruña, o estadounidense Trey Thompkins estará de baixa polo menos un mes. As probas médicas realizadas confirman que o ala pivote sofre unha escordadura de ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo. Thompkins lesionouse no encontro deste sábado ante o Covirán Granada nunha acción na que o seu compañeiro Diagné caeu enriba do seu xeonllo. O tempo estimado de baixa pode ir de entre as catro e as doce semanas, polo que o norteamericano podería incluso perder o que queda de campionato.

Thompkins é un xogador fundamental no Leyma Coruña. O terceiro máximo anotador do equipo (12,4 puntos) e un dos mellores tiradores. Quedan sete partidos para o remate do campionato nos que o Básquet Coruña precisa enxugar as catro vitorias que teñen de marxe os seus rivais directos na pelexa por evitar o descenso. Unha fazaña case imposible e que se complica sen a presenza dun dos efectivos que máis emprega Diego Epifanio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade