Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Unicaja gaña o duelo de canoneiros contra o Leyma Coruña (114-105)

O Unicaja gaña o duelo de canoneiros contra o Leyma Coruña (114-105)

As defensas non existiron nun duelo no que se anotaron 29 triplas  

G24.gal 06/04/2025 18:30 Última actualización 06/04/2025 19:01

O Unicaja venceu no duelo de canoneiros contra o Leyma Coruña (114-105). Un partido no que as defensas non existiron e no que anotaron 29 triplas entre os dous equipos. 

Quixo meter o Unicaja un ritmo moi forte de inicio e conseguiu marchar de 9 puntos aos cinco minutos (16-7), pero o Leyma aguantou e impediu que o equipo local superase a barreira dos dez (27-22). Cun parcial de 0-7 de inicio, os de Epifanio déronlle a volta ao marcador. Lundqvist, con 9 puntos, liderou o cadro coruñés na ofensiva cunhas grandes porcentaxes nos lanzamentos de tres. Ao descanso estaba todo aberto cun 51-49 e co Leyma acreditando un 50 % no lanzamento exterior (9/18). 

No terceiro cuarto dúas triplas de Thompkins puxeron a máxima diferenza para o equipo galego (53-59). Recuperou terreo o Unicaja da man de Dravish e Ejim, que causaron estragos no xogo interior, para que o equipo de Málaga volvese a coller o mando xusto antes de entrar no derradeiro período (81-77). 

O partido estaba moi complicado (85-77), pero o Leyma volveu amarrarse e púxose a dous puntos a cinco minutos do final (93-91). De aí ata o final houbo un intercambio de canastras do que saíu favorecido o Unicaja, que acabou conquistando o partido grazas ao acerto nos tiros libres (29 de 33). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade