Publicador de contidos

Publicador de contidos

Teresa Portela: "Moi decepcionada, importan outras cousas que non son o equipo nacional feminino"

Teresa Portela: "Moi decepcionada, importan outras cousas que non son o equipo nacional feminino"

Unha vez rematados os últimos Xogos, Teresa Portela viuse sen adestrador e sen unhas condicións de adestramento necesarias para buscar o seguinte reto

G24.gal 08/04/2025 14:42 Última actualización 08/04/2025 14:49

Tras acadar diploma olímpico en París, semellaba que Pontevedra seguiría sendo a sede do K-4 nacional feminino, do que tamén formaba parte a galega Carolina García.

Despois duns meses de incerteza, falta de planificación e adestrador, a Federación comunicoulles por mail que o K-4 feminino se trasladaría a Sevilla a partir de febreiro 

"Estou moi decepcionada, dialoguei. pero importan outras cousas que non son o equipo nacional feminino".

"Non sei como pode acabar isto, non podía tapalo e esta temporada está tirada".

Teresa non pecha a porta para loitar por ir aos seus oitavos Xogos pero todo isto faille perder un ano de preparación.

"Non pecho a porta porque hoxe están uns no alto da federación e noutro momento están outros. Teñen que antepoñer aos deportistas".

A padexeira de Aldán, prata en Tokio 21, levaba adestrándose desde o ano 2009 con Daniel Brage. Unha vez rematados os últimos Xogos, Teresa Portela viuse sen adestrador e sen unhas condicións de adestramento necesarias para buscar o seguinte reto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade