Diploma para Del Río e Cooper e noveno posto para Arévalo e Germade
Diploma para Del Río e Cooper e noveno posto para Arévalo e Germade
A parella española da final quedou cuarta e os galegos, primeiros da B
No feminino, Carolina García e Sara Ouzande non remataron a carreira
O k2 non vén con medallas. Estivo a punto, coa parella de Del Río e Cooper, que rematou cuarta nun final agónica, con photofinish a tres bandas entre Hungría, Australia e España. Germade e Arévalo gañaron a final B masculina, e Carolina García e Sara Ouzande non remataron na feminina.
Os españois da final A tiveron a tiro a medalla nunha carreira cun nivel altísimo. Estiveron en postos de caixón nun treito da proba, pero a photofinish outorgoulles o cuarto lugar. Na B, Arévalo e Germade gañaron sen problema para poñerse novenos. Na final B feminina, Carolina García Otero e Sara Ouzande non remataron a carreira.
España remata así a súa participación en k2 sen ningún metal, pero cun diploma olímpico. Co caiac xa varado na beira, este sábado hai finais individuais en canoa, onde Antía Jácome ten opción de medalla.