Os galegos da ACB buscan achegarse a rivais directos nesta xornada
O Leyma recibe hoxe o Xirona nun partido dramático pola permanencia (20:45 h)
O Breogán xoga mañá contra o Baskonia (17:00 h), que chega con dúas vitorias máis
Ata hai uns meses era ídolo en Galicia e agora regresa como ameaza. Moncho Fernández, agora adestrador do Xirona. Vén de gañar o Joventut e sabe que si o fan na Coruña sería crucial pra permanencia.
E tamén sería o golpe de graza pro Leyma. Pechacancelas, a tres triunfos da salvación. Que chega coa dúbida de Heurtel, e logo de perder de malleira en Valencia. Están concienciados.
Leyma-Xirona, ás nove menos cuarto. E mañá será a quenda do Breo. Ás cinco recibe a Baskonia co obxectivo de manter o nivel e poder mirar pra arriba. O Baskonia de Howard. Maís de 26 puntos por partido cando enfronta o Breo. E todo nun día especial, pola estrea dunha camisola que rende homenaxe a aquel ascenso do 99 fronte a Melilla.