Publicador de contidos

Publicador de contidos

Epi e os cánticos na súa contra: "É duro cando din cousas diante dos teus fillos"

Epi e os cánticos na súa contra: "É duro cando din cousas diante dos teus fillos"

O técnico do Leyma mantén o foco no próximo compromiso, onde espera ter a todo o equipo dispoñible

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 04/04/2025 12:01 Última actualización 04/04/2025 13:00

Diego Epifanio comparece na sala de prensa do Palacio dos Deportes de Riazor a dous días do partido que o Básquet Coruña vai disputar no Martín Carpena de Málaga contra Unicaja, este domingo ás 17.00 horas.

O adestrador, cuestionado pola súa afección tras a derrota ante Xirona no Coliseum, asume a súa responsabilidade e fala sobre os cánticos na súa contra.

"É duro cando din cousas diante dos teus fillos, é difícil de levar. Non é unha situación fácil. Nunha carreira pasas por momentos bos e momentos malos".

"Sufrindo máis pola miña contorna que por min, intento ser moi profesional e axudar o equipo e o club".

Epi mantén o foco no próximo compromiso, onde espera ter a todo o equipo dispoñible.

"Primeiro, cando es profesional hai que demostralo nos malos momentos. Agora é cando máis metidos temos que estar, ser conscientes do que lle custou ao proxecto chegar ata aquí e dar nosa mellor versión".

"A mensaxe para o vestiario é non pensar no último partido de liga, senón pensar no seguinte, en Unicaja, tentar dar a mellor versión e tentar gañar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade