Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marian Mouriño visita as xogadoras da selección e recibe unha camiseta de agasallo

Marian Mouriño visita as xogadoras da selección e recibe unha camiseta de agasallo

A selección española feminina de fútbol está obrigada a repetir triunfo esta tarde ante Portugal, no estadio Balaídos de Vigo, se quere acceder á fase final da liga das Nacións

G24.gal 08/04/2025 15:00 Última actualización 08/04/2025 15:08

O presidente da Federación Española, Rafael Louzán, e as xogadoras da selección española recibiron a visita de Marian Mouriño na previa do España-Portugal que se disputa hoxe en Balaídos. A RFEF obsequiou a presidenta do Celta cunha camiseta da Selección.

A selección española feminina de fútbol está obrigada a repetir triunfo esta tarde ante Portugal, no estadio Balaídos de Vigo, se quere acceder á fase final da liga das Nacións. O tropezo ante Inglaterra deixou ao equipo nacional sen marxe de erro.

Gañar en Balaídos permitiría practicamente descartar ao combinado luso da pelexa pola primeira praza, na que se mantén Inglaterra, coa que se verá as caras a principios de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade