Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balaídos asiste á malleira da selección española sobre Portugal (7-1)

Balaídos asiste á malleira da selección española sobre Portugal (7-1)

O partido quedou sentenciado aos doce minutos do primeiro tempo con tres goles do equipo de Montse Tomé

G24.gal 08/04/2025 20:23 Última actualización 08/04/2025 20:38

A selección española non tivo piedade da portuguesa á que goleou (7-0) en Balaídos no partido correspondente á cuarta xornada da Liga das Nacións. 

Cun dobrete de Aitana Bonmatí e goles de Alexia Putellas e Salma Paralluelo, que abriu o marcador aos dous minutos, a selección española feminina deixou sentenciado ao descanso o partido. De feito xa estaba resolto antes do minuto quince porque gañaban as de Montse Tomé nese intre por un claro 3-0. 

Portugal baixou os brazos e na segunda metade seguiron chegando os goles con moita facilidade. Mariona Caldentey anotou o quinto, Alexia Putellas repetiu no sexto e Esther anotou o sétimo. 

Portugal marcou o gol da honra no minuto 71 grazas a un tanto de Fonseca. Con este resultado a selección española suma nove puntos despois de catro xornadas e agardando o duelo decisivo diante de Inglaterra para decidir que equipo é o primeiro do grupo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade