Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo certifica a permanencia pero queda case sen opcións de xogar polo ascenso

O Deportivo certifica a permanencia pero queda case sen opcións de xogar polo ascenso

Diante do Tenerife acadou a cifra dos 50 puntos e afronta as últimas xornadas seis xornadas sen problemas na pelexa pola permanencia

Pola contra, o empate deixounos a oito puntos de entrar no play off, obxectivo case imposible con 18 por xogar

G24.gal 21/04/2025 20:15

O Deportivo sumou un punto en Riazor ante o Tenerife para acadar os cincuenta puntos que os deixan coa permanencia case selada. Pero un resultado decepcionante porque deixa a oito puntos os postos de play-off cando faltan seis xornadas para o remate da liga (18 puntos por xogar).

Foi logo dun partido sen goles en Riazor e con polémica na área deportivista, o colexiado non sinalou nada en dúas caídas de xogadores do Tenerife. A de Diarra primeiro ante Helton Leite e a de Luismi Cruz ante Pablo Martínez.  O Deportivo apenas creou ocasións de perigo e outra vez o gardameta Helton Leite converteuse en salvador con dúas paradas maxistrais.

O Deportivo alonga a súa xeira ata os nove partidos sen perder. Boas cifras nese senso para o equipo de Óscar Gilsanz pero con sabor agre porque os empates contra o Cartaxena e o Tenerife en Riazor, dous equipos case descendidos, significaron a perda de catro puntos cos que o conxunto coruñés estaría enganchado á pelexa pola fase de ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar