O Pontevedra celebra o ascenso na Xunta sen despexar o futuro de Iago Iglesias
Iago Iglesias: "A ver o proxecto do club, hai que facer un proxecto sólido"
Lupe Murillo: "Non falamos nunca ata que remate a temporada e faltan quince días"
A canción que acompañou o Pontevedra esta fabulosa temporada foi a que máis se bailou na troula nocturna dos campións.
E logo de toda esa felicidade, chega a reflexión do técnico Iago Iglesias
"Somos o mellor local e o mellor visitante. É a conclusión da palabra proxecto e continuidade".
Queda a incerteza do futuro de Iago Iglesias que remata contrato.
"A ver o proxecto do club, hai que facer un proxecto sólido".
Non houbo xuntanza aínda entre a presidenta, Lupe Murillo, e o adestrador.
"Non falamos nunca ata que remate a temporada e faltan quince días".
Foi como o ascenso que case estaba pendente dende hai un ano. O retorno a primeira Federación dunha temporada futbolística enorme na Liga e na Copa.