O Celta Fortuna non pode co Tarazona (1-1) e afástase da promoción de ascenso
Os de Fredi adiantáronse cun golazo de Óscar Marcos, pero acabaron concedendo o empate de Adri Fuentes
O filial remata a serie de catro vitorias consecutivas, e queda a 4 puntos do quinto
O Celta Fortuna perdeu unha gran ocasión de sumar tres puntos contra o Tarazona, concedendo un empate en Balaídos que remata coa súa serie de catro triunfo seguidos, e que afasta aos de Fredi da zona de promoción, que agora queda a catro puntos.
E iso que o filial xogou unha boa primeira metade, na que tomou vantaxe grazas a un gran gol de Óscar Marcos. Minuto 17. Pero, no segundo tempo, o Tarazona foi arriba e logrou o empate nunha xogada polémica. Porque os celestes pediron falta de Cedeño a Tincho. A xogada continuou e o centro de Cedeño acabou co remate do pichichi da categoría, Adri Fuentes. Un a un en Balaídos.
Con este empate, o filial ve freada a súa gran serie de resultados do último mes e queda a máis dun partido da zona de promoción de ascenso.