Pelayo sofre unha grave lesión de xeonllo e perde o resto da temporada
O defensa do Pontevedra ten "rotura do ligamento cruzado anterior (LCA) con afectación no corno posterior do menisco externo"
O Pontevedra C. F. comunicou esta tarde unha mala noticia para o seu equipo e a súa afección. O defensa Pelayo Suárez López sufriu o pasado domingo unha lesión no seu xeonllo dereito durante un lance do xogo en As Eiroas, tras un apoio incontrolado e unha torsión que acenderon as alarmas do corpo médico.
As probas de imaxe confirmaron os peores presaxios: rotura do ligamento cruzado anterior (LCA) con afectación no corno posterior do menisco externo.
Ante este diagnóstico, o xogador deberá someterse a unha intervención cirúrxica nos próximos días e perderase o que resta de tempada, así como o inicio da seguinte.
PARTE MÉDICO 🏥 | Pelayo Suárez López
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) April 1, 2025
🔗 https://t.co/XSJss1LMPk#NonPararAtaVoltar ♥️ pic.twitter.com/bb7aKcEeNZ