Publicador de contidos

Publicador de contidos

Heurtel será operado mañá e non volverá xogar co Leyma Coruña

Heurtel será operado mañá e non volverá xogar co Leyma Coruña

O proceso de recuperación estímase entre 8 e 12 semanas, polo que non poderá competir no que resta de tempada

G24.gal 23/04/2025 11:39 Última actualización 23/04/2025 12:54

O xogador do Leyma Coruña, Thomas Heurtel, será operado no día de mañá para liquidar os problemas de xeonllo que lle impediron xogar nos últimos partidos. No partido disputado en Valencia o pasado 22 de marzo Thomas resentiuse das doenzas de xeonllo sufridas desde a súa incorporación ao noso equipo, quedando en suspensión durante dúas semanas o plan específico que viña seguindo.

Posteriormente continuaron as molestias polo que se levaron a cabo novas probas nas que se comprobou unha afectación no menisco, motivo polo cal será intervido mañá.

O proceso de recuperación estímase entre 8 e 12 semanas, o que implica que non poderá competir no que resta de tempada

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade