Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro chega ás dez vitorias seguidas e mantén o pulso por mellorar a quinta posición

O Obradoiro chega ás dez vitorias seguidas e mantén o pulso por mellorar a quinta posición

Derrotou con a un Alacante que chegou a ir perdendo por 30 puntos (82-70)

G24.gal 22/04/2025 21:58

O Monbús Obradoiro sumou diante do Alacante (82-70) a décima vitoria consecutiva na Primeira FEB e mantén o pulso co Betis por mellorar un posto de cara a eliminatoria de cuartos de final na pelexa polo ascenso á ACB. 

O partido só tivo historia no primeiro cuarto que rematou cun 21-19. No segundo o equipo santiagués puxo a maquinaria a funcionar. Meteu un parcial de inicio de 12-0 e completou un espectacular 28-11 co que deixou o partido case resolto. Ao descanso o marcador era de 49-30. 

No terceiro cuarto seguiu medrando a diferenza ata uns escandalosos 30 puntos (68-38), intre no que o Obradoiro deixou de apertar o acelerador e comezou a pensar nas vindeiras xornadas. Tanta foi a relaxación que o Alacante maquillou o resultado ata o 82-69 final cun parcial no último cuarto de 12-27. 

A rotación quedou reflictida nos anotadores porque Micovic (15), Galán (12) e Arroyo (11) lideraron a anotación galega cuns minutos moi repartidos entre toda a rotación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade