O Obradoiro gaña o derbi en Ourense (77-85) e suma a 15ª vitoria
O equipo santiagués resolveu no treito final un encontro moi igualado, grazas ao MVP Barcelló
O COB queda con 11 triunfos logo de pelexar ata o final
O Obradoiro defendeu a súa candidatura ao ascenso nun igualado derbi en Ourense, que acabou marchando cara Santiago nun treito final en que estivo máis atinado, comandado por Barcelló (21 puntos).
Comezaba o partido a base de tiros libres, co COB remontando os dous de Galán por medio de Ogunsipe e de Brito. A partir de aí, o equipo ourensán levou a iniciativa no marcador durante o resto do primeiro cuarto, que acabou cun 19-17.
No segundo parcial, tres xogadores guiaron ao Obradoiro á remonta: Micovic, Brodiansky e Barcelló asinaron cadanseus 9 puntos para que o consunto santiagués adquirise vantaxe no marcador, que estirou ata os sete puntos, máxima renda ao descanso ao descanso: 29-36.
O terceiro cuarto comezaba con outra reacción do equipo local, que culminaba a remontada cunha tripla de Moody para empatar mediado o período, obrigando ao tempo morto. Moody era nese treito o principal argumento ofensivo do COB. Acumulaba 19 puntos cunha nova tripla, mentres ao Obradoiro custáballe moito anotar, e tivo que ser Quintela o que protagonizara un 2+1, aínda que errou o tiro adicional, para facer reaccionar ao seu equipo, que rematou o cuarto gañando por 56-60.
Os santiagueses seguiron estirando a renda (58-67) no inicio do último cuarto, pero respondía o COB cun 5-0 nun partido que non daba tregua. Entramos no treito decisivo, e Davison metía unha tripla que lle daba 5 puntos de vantaxe aos seus. E aí, nese minuto e medio definitivo, o Obradoiro apertou en defensa e seguiu anotando, por medio de Barcelló e Balvin para asegurar o triunfo final. Unha antideportiva sobre Barcelló e os seus tiros libres anotados acababan de pechar o encontro cun 77-85, que deixa ao Obradoiro con 15 vitorias. O COB segue con 11.