Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro colle velocidade de cruceiro coa cuarta vitoria seguida

O Obradoiro colle velocidade de cruceiro coa cuarta vitoria seguida

Derrotou dun xeito contundente o Cartaxena (88-62) e colócase con once vitorias

G24.gal 11/02/2025 22:05

O Obradoiro colleu a velocidade de cruceiro e sumou diante do Cartaxena a cuarta vitoria seguida para colocarse con once triunfos e comeza a achegarse aos postos que quere ocupar ao final da liga regular. Foi un triunfo claro e contundente (88-62) nun partido que estaba resolto ao final do terceiro cuarto. 

Comezou o cadro santiagués cunha gran secuencia de anotación no primeiro cuarto que lle permitiu achegarse aos dez puntos de vantaxe (27-18). Parecía rachar o encontro no segundo período pero unha pequena reacción do Cartaxena permitiulle aos visitantes chegar ao descanso con algunha opción (45-32).

O recital do Obradoiro veu no terceiro cuarto (parcial de 29-10). O 8-0 de inicio no segundo tempo acabou por romper un encontro e a diferenza marchou por riba dos trinta puntos (74-42). No último período o adestrador Félix Alonso aproveitou para darlle minutos a todos os xogadores e dosificar esforzos de cara aos vindeiros compromisos. Catro xogadores (Davison con 20, Brodziansky 18, Balvin 16, Jiménez 14 e Galán 10) estiveron en dobres díxitos de anotación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade