Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mbappé, sancionado cun partido pola súa expulsión diante do Alavés

Mbappé, sancionado cun partido pola súa expulsión diante do Alavés

G24.gal 15/04/2025 22:35

O Comité de Competición da RFEF impuxo un partido de suspensión ao dianteiro francés do Real Madrid Kylian Mbappé, expulsado o sábado pasado diante do Alavés na Liga. Mbappé foi sancionado cun partido de suspensión "por producirse de xeito violento con ocasión do xogo ou como consecuencia directa dalgún lance do mesmo".

No minuto 38 Mbappé realizou unha dura entrada a Antonio Blanco que lle custou a expulsión con cartón vermello directo. O francés, consciente da gravidade da entrada, desculpouse co xogador vitoriano e co resto de compañeiros. Soto Grado reflectiu do seguinte xeito a acción do dianteiro do Real Madrid: "Entrar co pé á altura da canela dun contrario na disputa dun balón, usando forza excesiva". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar