Guirassy complícalle a vida a un Barça que está nas semifinais da Champions
Unha tripla do dianteiro do Dortmund deulle emoción ao partido de volta (3-1) pero non foi dabondo para levantar o 4-0 da ida
.jpg)
O dianteiro do Borussia de Dormund, Guirassy, puxo en serios problemas a un Barcelona que acabou pedindo a hora nunha eliminatoria que tiña moi encamiñada do partido de ida. Malia o 4-0 do encontro de Barcelona o conxunto alemán non tirou a toalla e botouse arriba desde o primeiro intre. Gañou por 3-1 cunha tripla do francés.
Penalti a favor del Dortmund tras esta acción de Wojciech Szczęsny.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/KzQqQ5Jwdh
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 15, 2025
Os primeiros 10 minutos pasáronlle por riba a un equipo de Flick sorprendido pola intensidade do seu rival. Froito dese dominio chegou o gol de Guirassy desde o punto de penalti. Parecía controlar mellor o partido despois dese gol o Barça pero todas as tentativas (7 lanzamentos no período inicial) foron do Dortmund.
A segunda parte comezou do mesmo xeito, co segundo gol do Borussia na conta de Guirassy. O que salvou ao Barcelona foi a reacción inmediata e o gol no minuto 54 marcado por Bensebaini en propia porta.
El remate de Bensebaini... contra su portería.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 15, 2025
El primero del Barça. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/ieHPplUdMv
Quedaba o último intento do Borussia de Dortmund que marcou o terceiro a quince minutos do final. Tiña que facer outros dous goles para igualar a eliminatoria e conseguiu marcar un, aínda que foi anulado por posición de fóra de xogo.