Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arsenal pon contra as cordas o Real Madrid a canonazo limpo (3-0)

O Arsenal pon contra as cordas o Real Madrid a canonazo limpo (3-0)

Dous goles de libre directo de Declan Rice abriron a conta do equipo inglés

Un gol do español Mikel Merino pechou un resultado contundente na ida dos cuartos de final da Liga de Campións

G24.gal 08/04/2025 22:24 Última actualización 08/04/2025 22:50

O Real Madrid precisará unha fazaña no Santiago Bernabeu para erguer unha eliminatoria que encamiñou o Arsenal con dous golpes francos. O acerto de Declan Rice, con dous goles, e de Mikel Merino outorgáronlle unha vantaxe ampla para a volta (3-0). 

A primeira parte non deixou demasiadas ocasións de gol. A máis clara, un man a man que fallou Kylian Mbappé diante do internacional español David Raya. O francés foi o máis activo en ataque diante dun Arsenal que gozou dunha boa opción nun dobre remate de Rice e Martinelli que resolveu Courtois. 

No minuto 13 do segundo tempo chegou o gol de Declan Rice nun lanzamento de falta que superou unha barrera mal colocada.

O Real Madrid salvouse dun segundo gol nunha clarísima oportunidade con dous tiros de Merino e un de Martinelli que salvaron dun xeito incrible entre Courtois e Alaba. O sufrimento do Real Madrid medraba por momentos e Bellingham sacou baixo paus un remate de Rice. A vinde minutos do final, e noutra falta na frontal, volveu a sacar Rice o canón para incristar unha nova falta na mesma escuadra. 

O Arsenal culminou o resultado perfecto no minuto 75 cun gran remate do español Mikel Merino, consolidado na posición de falso dianteiro. O Real Madrid terá que empregarse a fondo no encontro de volta no que non xogará Camavinga por sanción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade