Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro adianta a Palencia e tería vantaxe de campo no play off

O Obradoiro adianta a Palencia e tería vantaxe de campo no play off

Impúxose nun duelo directo moi igualado xogado no Multiúsos do Sar (77-76)

O Ourense rompeu unha serie de seis derrotas seguidas diante do Castelló (96-77)

G24.gal 13/04/2025 11:13

O Monbús Obradoiro subiu unha praza na clasificación da Primeira Feb despois de gañarlle o duelo directo ao Palencia (77-76). Un partido moi traballado do equipo santiagués que sufriu para superar a defensa visitante. Ao final do terceiro cuarto gañaba Palencia por 48-52 cunha secuencia de anotación moi cativa. No último período apareceu o acerto do capitán Álvaro Muñoz e de Alex Barcello para remendar os problemas cara o aro e liderar a remonta que lle permite ao equipo santiagués superar ao seu rival, un duelo que moi posiblemente se repita na eliminatoria de cuartos de final. 

Vitoria do Aicargobooking Ourense 

O equipo de Ourense rachou unha serie de seis derrotas seguidas e coa vitoria diante de Castelló (96-77) mantén as opcións de xogar polo ascenso. A falta de cinco xornadas para o final da Liga Regular está coas mesmas vitorias que o noveno clasificado pero fóra dos postos de play off. 

O partidazo de Diogo Brito (27 puntos) e Ben Krikke (19) chegou para derrotar a un Castelló que non puido conter a gran secuencia de anotación local. Ao descanso o resultado era de 49-38 e o partido quedou resolto ao comezo do derradeiro período. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade