Publicador de contidos

Publicador de contidos

O COB non sae da fochanca de resultados e suma a quinta derrota seguida

O COB non sae da fochanca de resultados e suma a quinta derrota seguida

Perdeu no Paco Paz diante do Oviedo por 78-94

G24.gal 12/02/2025 22:12

O Aicargobooking Ourense encadeou a quinta derrota consecutiva despois de perder no Paco Paz diante do Oviedo por 78-94, un resultado que deixa aos de Moncho López no límite de xogar o play off polo título. 

Comezaron os dous equipos con moito tino cara o aro contrario. No primeiro cuarto o resultado era de 22-26. No segundo cuarto os visitantes conseguiron unha máxima diferenza de nove puntos (32-41). Pero Ourense tivo unha boa reacción e chegou ao descanso a un só punto (44-45). 

O terceiro período comezou cun 0-8 para o Oviedo que lle permitiu controlar o partido. Buscou recurtar diferenzas o COB de todos os xeitos pero non atopou a forma de botarlle man ao ataque asturiano que manexou vantaxes de ata doce puntos. No último cuarto entrábase cun 62-70 e a diferenza non fixo máis que aumentar ata chegar aos 17 puntos (65-82). Buscou unha última reacción o equipo galego, insuficiente para pelexar polo encontro. A estrela do partido foi o francés de Oviedo Menuge con 29 puntos (7 triplas). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade