Insúa non tira a toalla: "Hai que chegar con opcións aos últimos partidos"
O arxentino foi titular en catro dos seis último partidos co Rácing
O Pocho Insúa non agocha que non lograr nin un só punto nunha semana de tres partidos foi un golpe para o equipo.
Destaca Pocho que, a pesar do mal dadas que veñen e aos rumores que circulan polo ecosistema dixital, o vestiario está unido:
"Hai boa enerxía entre nós. Estiven noutros vestiarios pelexando nestas situacións e ármase conflito ou hai poucas ganas, e aquí todo o mundo pon a cara nos adestramentos e todo o mundo quere estar o día do partido"
O Pocho que ten claro que as cinco últimas xornadas terán matices especiais.
"Todos os equipos chegan con desgaste ao final. O obxectivo é chegar con opcións porque haberá rivais que xa non se xogan nada e nós a vida"
O arxentino foi titular en catro dos seis último partidos co Rácing.