Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eva Dios, deportivista ata 2029: ​​​​​​​"Tiven a oportunidade de medrar nun sitio idílico"

Eva Dios, deportivista ata 2029: ​​​​​​​"Tiven a oportunidade de medrar nun sitio idílico"

Eva Dios suma 125 encontros oficiais coa camiseta branquiazul, que a converten na segunda xogadora con máis partidos na historia do Dépor ABANCA

Foto Deportivo
G24.gal 13/03/2025 12:11 Última actualización 13/03/2025 12:17

Eva Dios prolongou a súa vinculación co Deportivo ABANCA ata xuño de 2029.

A futbolista arousá incorporouse ao Deportivo ABANCA B no verán de 2020 procedente das Viaxes Interrías FF, despois de comezar a súa traxectoria no Céltiga CF para, posteriormente, xogar no Portonovo SD e o Victoria FC de Santiago.

Con todo, pouco tardou en dar o salto ao primeiro equipo para xa non abandonalo. Desde o seu debut, o 31 de outubro de 2020 fronte o Santa Teresa CD en Abegondo, Eva Dios xa suma 125 encontros oficiais coa camiseta branquiazul, que a converten na segunda xogadora con máis partidos na historia do Dépor ABANCA, só superada por Cris Martínez (202).

"Tiven a oportunidade de medrar nun sitio idílico, quero responder con confianza"

Eva Dios disputou 41 partidos en Primera Iberdrola, 71 en Primera Federación/Reto Iberdrola, 4 en play-off de ascenso a Liga F, 1 en play-out de permanencia en Primera Federación e 4 en Copa da Raíña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade