Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pancha Lara mantén a serie positiva do Deportivo Abanca (1-1)

Pancha Lara mantén a serie positiva do Deportivo Abanca (1-1)

Un gol da defensa deportivista a dez minutos do final permitiulle rabuñar un punto do Dani Jarque diante do Español

G24.gal 02/03/2025 14:00

O Deportivo Abanca sumou a sexta xornada sen perder. Tivo que sufrir no campo do Español. Non xogou unha boa primeira metade pero reaccionou despois de recibiren o gol de Julia Guerra nada máis comezar a segunda parte. A propia Guerra foi a que tivo a mellor opción no primeiro tempo cun remate que salvou Inés Pereira.

Non estivo tan afortunada a porteira portuguesa na xogada do gol. O Deportivo Abanca quedou cunha xogadora máis no minuto 57. Foi expulsada a central do Español e ex deportivista Ainoa Campo. Pasou a dominar o cadro coruñés que puido empatar no 75 cunha boa ocasión de Millene Cabral. No 82 chegou o gol do empate anotado por Pancha Lara e no engadido Bennett mesmo puido darlle o triunfo ao Deportivo Abanca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade