Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elyse Bennett: "O Deportivo é unha boa oportunidade para medrar"

Elyse Bennett: "O Deportivo é unha boa oportunidade para medrar"

Segundo Kevin Cabado, ficharon a Bennett para achegar "xogo de costas, balón parado, e finalización"

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 19/02/2025 13:50 Última actualización 19/02/2025 13:59

Elyse Bennett, última fichaxe do Deportivo na xanela de inverno, foi presentada esta mañá nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo. A ex-xogadora de San Diego Wave, da National Women's Soccer League (NWSL) dos Estados Unidos, leva unha semana na Coruña, pero asegurou en conferencia de prensa que a súa adaptación está "a ir moi ben".

A estadounidense explicou a decisión de vir ao Deportivo.

"Foi unha decisión rápida de tomar, estou nun momento da miña carreira no que levo tres anos na Primeira División americana e xurdiume esta oportunidade. Vir a España é unha moi boa oportunidade para crecer como persoa e como profesional".

Bennett tamén falou das súas características como xogadora.

"Son unha xogadora intrépida, que non ten medo. Son forte e rápida. Podo xogar por detrás da liña defensiva para abrir espazos, manéxome ben coas dúas pernas e vou ben de cabeza. En definitiva, estou aquí para calquera cousa que poida axudar ao equipo".

Segundo Kevin Cabado, o responsable da planificación deportiva do equipo, ficharon a Bennett para achegar "xogo de costas, balón parado, e finalización".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade