Momento doce do Deportivo Abanca, que logrou dez puntos dos últimos doce
Ainhoa Marín ten parte de culpa na mellora: "Teño máis liberdade e protagonismo"
Protagoniza o Deportivo feminino unha desas reaccións a fume de carozo. Dez puntos dos últimos doce afástano do descenso e danlle cor ao escuro horizonte de hai apenas un mes, cando contaba por malleiras as primeiras citas co novo técnico, Fran Alonso. O rumbo virou en redondo despois dunha dura derrota en Tenerife.
A conxura do vestiario funcionou. Hoxe, mantén unha marxe de seguridade de seis puntos co descenso
"Saen as cousas e temos os pés no chan. Importante a concentración e a regularidade".
Ainhoa Marín, nun gran momento de forma, ten parte de culpa na mellora.
"Teño máis liberdade e protagonismo".
Tras unha vitoria de prestixio no campo da Real Sociedade, recibe o Atlético de Madrid. Pero agora, para as brancas e azuis, nin hai rival pequeno nin desafíos imposibles.