O Deportivo Abanca recibe o Atlético con toda a ilusión
As de Fran Alonso chegan esporeadas polos últimos resultados, e despois da vitoria en Zubieta
O técnico confía en sacar algo positivo mañá (12:00 h)
O Deportivo Abanca acumula unha serie de dez puntos dos últimos doce posibles. Con eles, as de Fran Alonso fuxiron a seis puntos dos postos de descenso.
A última vitoria, con remonta incluída en Zubieta diante dun dos equipos da zona alta, a Real Sociedade, carga de razóns ás coruñesas de cara a dar unha boa imaxe mañá (12:00 h, Riazor) diante do Atlético.
Fran Alonso teno claro: "Somos un equipo con confianza, gañamos en Zubieta e estamos a competir 95 minutos, e non 45. Temos confianza en que, se xogamos ben, acadaremos un resultado positivo, malia á calidade indubidable do rival", asegurou o técnico na previa dun encontro en que as coruñesas queren sumar o sexto partido consecutivo sen perder.