Fran Alonso: "O que fixemos é espectacular, pero non conseguimos nada"
Tras unha vitoria de prestixio no campo da Real Sociedade, O Deportivo Abanca recibe o Atlético de Madrid
Protagoniza o Deportivo feminino unha desas reaccións a fume de carozo. Dez puntos dos últimos doce afástano do descenso e danlle cor ao escuro horizonte de hai apenas un mes, cando contaba por malleiras as primeiras citas co novo técnico, Fran Alonso. O rumbo virou en redondo despois dunha dura derrota en Tenerife.
A conxura do vestiario funcionou. Hoxe, mantén unha marxe de seguridade de seis puntos co descenso. Para Fran Alonso, a batalla continúa.
"O que fixemos é espectacular, pero non conseguimos nada".
"A salvación non chegará ata o último partido, se é antes..., pois xenial".
Tras unha vitoria de prestixio no campo da Real Sociedade, recibe o Atlético de Madrid. Pero agora, para as brancas e azuis, nin hai rival pequeno nin desafíos imposibles.