Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Alonso: "Temos que facer todo ben para puntuar en Zubieta"

Fran Alonso: "Temos que facer todo ben para puntuar en Zubieta"

O Deportivo Abanca volve xogar coa Real Sociedade por terceira vez nesta campaña

G24.gal 07/02/2025 11:23 Última actualización 07/02/2025 12:08

O Deportivo volve xogar coa Real Sociedade por terceira vez nesta campaña. Desde a última vez, na que se xogaron un posto en cuartos de final de Copa —que logrou a Real ao impoñerse por 0-1—, cambiaron moitas cousas en ambos os conxuntos.

Unha das máis destacables para o equipo ‘txuri-urdin’, é que, nas súas filas, hai unha xogadora que vive agora nun estado de gloria. Esa é Lucía Pardo de Outeiro de Rei. Leva catro dianas esta tempada —ante Barcelona, Español, Madrid CFF e Real Madrid—, tres delas logradas nas catro xornadas máis recentes, que non fan máis que confirmar o seu bo estado de forma, co que terán que lidar as futbolistas do Deportivo o vindeiro sábado en Zubieta.

Fran Alonso fala dun dos encontros máis difíciles da temporada.

"Temos que facer ben todo. Teñen bos recursos, boa saída de balón... É un equipo moi competitivo".

"Temos que estar case perfectas para puntuar".

A Real Sociedade ocupa o terceiro posto da clasificación con 32 puntos.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade