Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca busca seguir a escalada contra o Betis

O Deportivo Abanca busca seguir a escalada contra o Betis

As de Fran Alonso visitan un rival directo mañá (16:00 h, G2)

"Agora son un rival directo, pero queda moito. Queremos gañar todos os partidos", di o técnico

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 25/01/2025 12:47

Coa vitoria da semana pasada ante o Levante, o Deportivo Abanca está a tres puntos do descenso. E mañá visita ao Betis Féminas, outro rival directo, outra moi boa oportunidade para multiplicar alegrías e seguir medrando na táboa. 

O Betis avantaxa as coruñesas nunha vitoria. Teñen números case parellos. Malia a isto, Fran Alonso non lle dá unha maior importancia ao partido: "Agora son rivais directos, pero igual ao remate da temporada estamos na metade da táboa. Queda moito".

O Deportivo Abanca fixo o último adestramento esta mañá. Di o seu adestrador que é un equipo que está medrando, con fame de triunfos independemente de cal sexa o rival: "Queremos gañar todos os partidos. Sabemos que non o imos facer, pero imos intentalo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade