Publicador de contidos
Publicador de contidos

Millene saca o Deportivo Abanca dos postos de descenso

Millene saca o Deportivo Abanca dos postos de descenso

Vitoria fundamental diante do Levante ao que supera na clasificación

G24.gal 17/01/2025 21:32

O Deportivo Abanca acadou unha vitoria fundamental na pelexa pola permanencia. Gañoulle por 1-0 ao Levante, un rival directo ao que supera e co que intercambia a posición. O gol de Millene permítelle ao equipo coruñés saír dun descenso no que entran as levantinistas. 

Os dous conxuntos saíron cunha concentración máxima sabendo da importancia do choque. Dominaba o Deportivo pero o Levante tamén gozou de boas ocasións, sobre todo unha de Chacón que sacou Inés Pereira. 

Nada máis comezar a segunda metade chegou o gol de Millene (minuto 49) co que respiraba o Deportivo Abanca. Deu un paso atrás o cadro galego que acabou sufrindo moito. Un remate de cabeza de Molina estrelouse contra o pau, Paufer intentouno cun remate desde a frontal e no Deportivo foi Eva Dios a que deu a réplica. No engadido, un tiro de Inés obrigou a Inés Pereira a sacar o coiro con problemas. Co triunfo o equipo de Fran Alonso queda con 12 puntos, tres por riba do descenso e a só un do Éibar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar