Cargando resultados...
Fran Alonso: "Saír dos postos de abaixo axudaríanos psicoloxicamente"
Fran Alonso: "Saír dos postos de abaixo axudaríanos psicoloxicamente"
O adestrador deportivista afirma que o partido de hoxe é "unha oportunidade de poñer as cousas no seu sitio"
"Estar nos postos de abaixo fainos máis débiles mentalmente"
G24.gal
17/01/2025 11:11
O adestrador do Deportivo ABANCA Fran Alonso compareceu na conferencia previa ao partido de hoxe fronte ao Levante. Afirma que "todas as semanas son importantes" e destaca as ganas de competir do equipo despois dun mal resultado: "Canto antes xoguemos mellor, é unha oportunidade de poñer as cousas no seu sitio".
Ademais, Alonso asegura que de gañar hoxe sería unha vitoria psicolóxica xa que "sabes que te saca temporalmente dos postos de descenso": "Saír dos postos de abaixo axudaríanos psicoloxicamente".