Publicador de contidos
Publicador de contidos

As peñas do Celta anuncian un acto de protesta para o partido do domingo

As peñas do Celta anuncian un acto de protesta para o partido do domingo

Haberá un acto de protesta ao comezo do partido que xoga o equipo en Balaídos este domingo

G24.gal 17/01/2025 18:46

A Federación de Peñas do Celta anunciou un acto de protesta para o vindeiro domingo (14:00 horas) no partido contra o Athlétic Club. O motivo, as arbitraxes que está a sufrir o equipo de Claudio Giráldez. Por riba de todas a deste xoves no partido de oitavos de final da Copa do Rei diante do Real Madrid no Santiago Bernabéu. 

O acto, segundo din os peñistas, consistirá en realizar cinco minutos de asubíos ao comezo do partido. "Esiximos respecto", sinala a federación do club vigués que xa realizara unha protesta similar no ano 2023 co gallo da visita do Sevilla a Balaídos. 

No último partido de Liga contra o Raio Vallecano, Claudio Giráldez queixouse da actuación do colexiado Cuadra Fernández. E despois do partido contra o Real Madrid no Bernabéu, foron dous dos máis experimentados do cadro de xogadores, Borja Iglesias e Marcos Alonso, os que amosaron o seu malestar polo traballo de Munuera Montero e de Hernández Hernández, que levou o VAR. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade