Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Club Balonman Porriño enfróntase ao Atzgersdorf austríaco na EHF European Cup

O Club Balonman Porriño enfróntase ao Atzgersdorf austríaco na EHF European Cup

As súas xogadoras Aitana Santomé e Maddi Bengoetxea falaron deste encontro a ida e volta que se xoga sábado e domingo na vila galega

G24.gal 17/01/2025 12:16 Última actualización 17/01/2025 13:00

O Club Balonman Porriño enfróntase ao Atzgersdorf austríaco nos oitavos de final da EHF European Cup. Os encontros disputaránse este vindeiro sábado e domingo na vila galega e serán retransmitidos pola G2 e agalega.gal.

As súas xogadoras Aitana Santomé e Maddi Bengoetxea analizaron o encontro. Ambas manifestaron a súa ilusión polo partido e as súas expectativas do mesmo.

"Moita enerxía e moitas ganas pola parte de Europa, por sorte esta fin de mana é na casa", declaraba Aitana Santomé.

"Cada vez que avanzamos en Europa o rival adoita ter un mellor nivel. Agardamos un partido enfrontado e disputado tanto sábado como domingo", declarou Maddi Bengoetxea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar