Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derbi galego por todo o alto na Sangriña (sábado, 19:00 na G2)

Derbi galego por todo o alto na Sangriña (sábado, 19:00 na G2)

O Mecalia Guardés ocupa o primeiro posto e acaba de gañar na pista do Málaga

O Conservas Orbe Porriño é cuarto a só dous puntos do segundo posto

G24.gal 27/12/2024 10:27

Mecalia Guardés e Conservas Orbe Zendal Porriño disputarán este sábado (19:00 horas, na G2 e agalega.gal) un derbi galego por todo o alto. Os dous equipos que nos representan na elite do balonmán feminino están a realizar unha gran temporada. O Guardés ocupa o primeiro posto con 18 puntos (9 vitorias e 1 derrota) e o Porriño é cuarto, a só dous puntos do segundo posto e cunha gran participacion en competicion europea. 

A traxectoria do Mecalia Guardés está a ser brillante. Só perdeu contra o Bera Bera e pola mínima (26-27) e na última xornada, a do regreso da competición, impúxose na pista dun favorito para lograr o título como o Costa do Sol Málaga. 

O Conservas Orbe Zendal Porriño tamén gañou con autoridade no regreso ás pistas logo do europeo (36-25 diante do Elda) e quere recuperar puntos e postos coa ambición de mellorar o cuarto posto e as semifinais da liga acadadas o ano pasado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade