O consello do Rácing reforza a confianza en Cristóbal Parralo
O consello do Rácing reforza a confianza en Cristóbal Parralo
Carlos Mouriz aposta por facer un esforzo e reforzar o equipo no mercado de xaneiro
Cristóbal vai continuar como adestrador do Rácing de Ferrol. O consello de administración do Rácing ratificou o técnico. Despois de analizar a situación, os dirixentes do Rácing cren que Cristóbal segue sendo o home axeitado para reverter a mala dinámica nesta primeira volta. O Rácing agarda a sanción polo incidente de Parralo na Romareda pero, máis aló deste contratempo, o consello do racing outórgalle a máxima confianza.
Despois de falar o presidente do Rácing, chegaron as explicacións, máis polo miúdo de Carlos Mouriz. O director dpeortivo pon en valor o traballo de Cristóbal. Confirmou que o Rácing vai facer un esforzo neste mercado de fichaxes e tamén foi crítico con algúns aspectos do xogo despregado polo equipo.