Cargando resultados...
2024; o ano da revolución de Claudio Giráldez
2024; o ano da revolución de Claudio Giráldez
O adestrador porriñés cambioulle a faciana a un equipo celeste que cotiza á alza desde a súa chegada no mes de marzo
G24.gal
26/12/2024 17:38
Este foi sen dúbida o ano de Claudio Giráldez. Chegou sendo un adestrador sen experiencia na elite, logrou salvar o Celta do descenso e, nuns poucos meses, logrou mobilizar e ilusionar a todo o celtismo.
Un adestrador cunha proposta valente, sen un debuxo táctico definido e onde todos, incluídos os canteiráns, teñen unha porta de entrada para xogar co primeiro equipo. Balaídos, con Claudio, é unha festa. Dirixiu 12 partidos en Balaídos e logrou 9 vitorias. Para o 2025 o porriñés agarda un ano aínda mellor.