Publicador de contidos

Publicador de contidos

Menéndez asume o descenso do Rácing pero o seu equipo "irá a canón ata o final"

Menéndez asume o descenso do Rácing pero o seu equipo "irá a canón ata o final"

O técnico do Rácing de Ferrol espera que os seus xogadores poidan dar un paso adiante para conseguir un triunfo que daría certa liberación ao grupo

G24.gal 11/04/2025 15:19 Última actualización 11/04/2025 15:26

O Rácing de Ferrol resta os días para confirmar o seu descenso matemático a Primeira RFEF.

"A salvación é imposible aínda que non sexa matemática".

"Estamos todos sufrindo polos resultados e a clasificación, iso vai pesando moito".

"Estamos sendo profesionais e a nosa obriga é ir a canón ata o final".

O equipo ferrolán non conseguiu en ningún momento da tempada atoparlle o pulso á competición, nunha campaña para o esquecemento a nivel deportivo.

A pesar da lousa que arrastran os galegos cunha serie de máis de dous meses sen gañar, o conxunto verde ten en mente conseguir un triunfo que lle axude a saír dun bucle negativo ao que acompañan 629 minutos sen facer gol. O próximo rival será o Real Oviedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade