Para o Rácing o derbi é "o partido do ano", máis no emocional que no futbolístico
Menéndez: "Gustaríame moito, de corazón, gañar este partido por eles, merecen unha ledicia grande, inmensa"
Duelo de rivalidade galega en segunda división: Rácing-Deportivo. A Malata estará a rebentar con mais de nove mil afeccionados, aproximadamente 700 deportivistas.
Menéndez quere un triunfo para recompensar un pouco a afección.
"Gustaríame moito, de corazón, gañar este partido por eles, merecen unha ledicia grande, inmensa".
"Para eles o partido é diferente ao noso. Non compensaría, pero sería darlles unha ledicia inmensa".
Para o racinguismo é o partido do ano. Máis no emocional que no futbolístico.
"Para nós o partido máis próximo é o máis importante. Non podemos ter previsións ou expectativas falsas".
Rácing e Deportivo volven enfrontarse despois de dúas temporadas. A última vez foi en 1ª Federación, a campaña do ascenso do Rácing. A realidade fala dun momento crítico do Rácing.