Yoel: "O derbi é o partido do ano na casa"
O porteiro do Rácing é de Vigo e formouse no Celta
Yoel Rodríguez que agardou pacientemente a súa oportunidade e conseguiu facerse coa titularidade e custodiar a portería do Rácing nesta recta final de liga, é un experto en derbis e encara o partido do sábado fronte ao Deportivo cunha motivación que vai máis aló de saber que a cada vez máis quimérica permanencia pasa por dobregar o veciño.
"Sempre que me tocou xogar contra o Dépor, sendo de Vigo e celtista non o vou negar, é un partido súper especial. Xa en Eibar era un derbi máis e moito máis aquí coa rivalidade que hai. É un partido especial e os tres puntos téñense que quedar aquí como sexa», valora o porteiro formado na canteira do Celta.
É consciente da importancia do encontro para a xente de Ferrol
"A xente agarda toda a tempada por este partido. Sabemos da súa importancia, é o partido do ano na casa".
"Hai que ir sacando resultados. Ten que ser rápido pero ata o rabo todo é touro".