Cargando resultados...
Ferruccio decide na vitoria do Liceo na pista do Caldes (1-2)
O liceísta, que só levaba un gol na OK Liga, marcou un dobrete para lograr unha difícil vitoria
G24.gal
30/03/2025 11:45
Tardou en aparecer Franco Ferruccio, pero o xogador do Deportivo Liceo resultou fundamental na vitoria do equipo coruñés na pista do Caldes (1-2). Ferruccio marcou os dous goles do seu equipo e puxo fin a unha seca goleadora que duraba desde o 16 de outubro.
Foi un partido moi duro o que tivo que xogar en Caldes de Montbui o equipo de Juan Copa. Marcou o arxentino ao pouco de comezar o segundo tempo, igualou o conxunto local cun gol de Marc Zanon e a seis minutos do desenlace Ferruccio repetiu.
O Liceo consolida o segundo posto xusto antes de visitar a pista do Barcelos na volta dos cuartos de final da Champions onde terán que facer unha fazaña.