O Liceo terá que remontar na pista do Barcelos (4-6)
O equipo portugués foi superior na ida dos cuartos de final da Champions
O Liceo terá que buscar unha fazaña na pista do Barcelos despois de perder na Coruña por 4-6 na ida dos cuartos de final da Champions. O cadro liceísta precisa un triunfo por dous goles para forzar a prórroga.
Non pasaran nin trinta segundos cando Luis Querido xa marcara o primeiro para o Barcelos. O máximo goleador da Champions, Miguel Rocha, fixo o segundo. Recurtou diferenzas César Carballeira pero antes do descanso Manrubia e Rampulla puxeron o 1-4 co que se foi ao tempo de lecer.
Comezou ben o segundo tempo para o equipo galego cos goles de Nil Cervera e de Bruno Saavedra (3-4) pero o Barcelos volveu a reaccionar e marcou outros dous goles por medio de Miguel Rocha e Pedro Silva. Estaba contra as cordas o Liceo pero o segundo gol do partido de Bruno Saavedra deulle algo de aire ao cadro liceísta que terá que xogarse o todo polo todo na pista do Barcelos.