Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo procura a final a catro ante o Barcelos portugués

O Liceo procura a final a catro ante o Barcelos portugués

Hoxe disputa a ida de cuartos de final da Champions coa G2 en directo

G24.gal 27/03/2025 16:32 Última actualización 27/03/2025 16:39

Como todos os anos está o Liceo en Europa. Hoxe disputa a ida de cuartos de final da Champions co Barcelos portugués. Ás 20.30 pola G2 e en AGalega.gal, desde Riazor. A eliminatoria conduce a final a catro, a pelexar pola Copa de Europa.

Fabricio Ciocale: "Sabemos que é Barcelos. Conformaríame cun 10-0. Buscamos un resultado positivo".

Bruno Saavedra apunta cara a final a catro

"Era un obxectivo, quizais non prioritario. Estar a punto de cumprilo está moi ben"

O rival do conxunto que dirixe Juan Copa liderou o grupo en que estaba na primeira fase. Conta con xogadores de nivel. Na liga lusa ocupa a cuarta posición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade