Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen Mingueza no once titular o Celta non gaña

Sen Mingueza no once titular o Celta non gaña

Mingueza foi titular en 25 partidos de Liga, nos que repartiu 5 asistencias e marcou 3 goles, o último deles o pasado 8 de marzo na vitoria ante o Leganés

G24.gal 01/04/2025 13:18 Última actualización 01/04/2025 16:35

A ausencia de Mingueza, un pesadelo para o Celta. Co seu empate onte á noite ante a UDE As Palmas (1-1), o Celta alongou ata sete os partidos nos que foi incapaz de gañar sen Óscar Mingueza no once inicial. O internacional español é, xunto a Iago Aspas, o faro do equipo de Claudio Giráldez en ataque. O seu protagonismo é maiúsculo, ata o punto de que só os defensas Marcos Alonso (1.728) e Carl Starfelt (1.567) están máis en contacto co balón que el (1.280 pases).

Mingueza foi titular en 25 partidos de Liga, nos que repartiu 5 asistencias e marcou 3 goles, o último deles o pasado 8 de marzo na vitoria ante o Leganés (2-1). O exfutbolista do Barcelona perdeuse catro partidos no que vai de curso ligueiro, un por lesión ante o Atlético de Madrid e tres por sanción. Neses catro partidos, o Celta só sumou dous puntos tras perder co Atlético de Madrid e Valencia e empatar con Alavés e As Palmas.

Os outros tres encontros nos que Mingueza non empezou como titular foron os dous contra o Athletic Club (derrota 3-1 en San Mamés e 1-2 en Balaídos) e fronte ao Atlético de Madrid (1-1) no Metropolitano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade