Longas colas para comprar a camiseta especial do Celta pola Reconquista
Tan só 1.809 persoas terán a sorte de facerse cun dos exemplares, o equipo presidido por Marián Mouriño decidiu sacar unha primeira tirada en referencia ao ano da Reconquista
Este luns 31 de marzo, o equipo de Claudio Giráldez abandonará o celeste para vestir unha camiseta negra e branca en honra á Reconquista de Vigo.
En 1809, os vigueses alzáronse as forzas de Napoleón e recuperar a súa cidade. Más de 200 anos despois, o Celta ten o mesmo obxectivo: reconquistar Vigo e presumir da súa identidade e historia.
A estratexia parece funcionar, xa que centenares de persoas achegáronse este luns á Sede para comprar a nova camiseta especial que vestirán esta noite os de Giráldez no partido contra As Palmas. O novo equipamento, tanto a súa versión branca como negra, levantou paixóns entre os celtistas. Moitos tiveron que esperar dúas horas de colas na esquina de Príncipe con Velázquez Moreno para poder comprar comprar esta mañá a camiseta que homenaxea o novo himno, Oliveira dos Cen Anos, e a Reconquista. En 1809, os vigueses alzáronse as forzas de Napoleón e recuperar a súa cidade.
Agora ben, tan só 1809 persoas terán a sorte de facerse cun dos exemplares, o equipo presidido por Marián Mouriño decidiu sacar unha primeira tirada en referencia ao ano da Reconquista.