O Porriño xogará na casa ante o Valur islandés a ida da final da Copa Europea
A ida xogarase a fin de semana do 10 e 11 de maio e a volta, unha semana máis tarde
Isma: "Queríamos xogar a volta na casa para poder celebrar"
O Conservas Orbe Zendal Porriño xogará na súa pista a ida da final da Copa Europea feminina de balonmán ante o Valur islandés o 10/11 de maio, segundo o sorteo celebrado este martes. O Porriño, que alcanzou a final na súa primeira participación continental, visitará o 17/18 do mesmo mes a cancha do conxunto islandés, que loitará por un título europeo tamén por primeira vez na súa historia tras superar a súa mellor participación, a terceira rolda na campaña 2022/23.
No conxunto porriñés preferían un sorteo á inversa
Paulina: "O bonito é que a final vaise xogar en Porriño"
Aroa: "Gustaríanos poder xogar o 2º partido aquí, imos desfrutalo"
Isma: "Queríamos xogar a volta na casa para poder celebrar"
O conxunto que dirixe Isma Martínez accedeu á final tras superar en semifinais ao Hazena Kynzvart checo, ao que superou en casa por 31-28 e na volta tamén por 27-20; mentres que o Valur perdeu na ida na pista do Iuventa Michalovce (25-23) e remontou a eliminatoria como local ao vencer por 30-20.
🔴 O sorteo da FINAL da EHF EUROPEAN CUP xa está feito ‼️
— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) April 1, 2025
🏡 IDA : fin de semana do 10 de Maio
✈️ VOLTA: fin de semana do 17 de Maio
ÍMOS CON TODO 🗣🥁👏🏻 ‼️#aportadeeuropa#EhfEuropeanCup pic.twitter.com/3SbTz4atGj