Cargando resultados...
Isma Martínez pide "cabeza fría" para que o Porriño poida xogar a final europea
As porriñesas viaxa con tres goles de vantaxe para defender na República Checa ante o Hazena Kynzvart
G24.gal
28/03/2025 15:21
Última actualización 28/03/2025 15:26
A aventura europea do Porriño comezou hai seis meses e, superadas catro eliminatorias, segue a ser unha fermosa historia con moitos sorrisos e con tres goles de vantaxe para defender na República Checa ante o Hazena Kynzvart no partido de volta da semifinal da European Cup. Sufrir con tres goles de marxe no marcador.
Isma Martínez: "Hai que ter a cabeza fría".
Desfrutar e converterse no segundo club na historia do balonmán galego que xoga unha final europea, como o Guardés de hai dous anos.
Alicia Campo: "Non temos nada que perder".
Este sábado, ás catro da tarde en AGalega.gal, está en xogo o billete para a final da European Cup.